Descargar Imprimir esta página

IKEA FANTAST Guia De Inicio Rapido página 7

Ocultar thumbs Ver también para FANTAST:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Galego
FANTAST é unha combinación de termómetro para
carne e cronómetro. Para cambiar de modo, preme o
botón da parte traseira á dereita para o cronómetro
(TIMER) ou á esquerda para o termómetro (COOK).
Como usar o temporizador
Preme o botón da parte traseira ao modo TIMER.
A pantalla amosa minutos (MIN) e segundos (SEC).
Para fixar os minutos, preme 2 (ver ilustración).
Para fixar os segundos, preme 3.
Para iniciar e deter o cronómetro, preme 1.
Para reiniciar o cronómetro, preme decontino 2 e 3
ao mesmo tempo.
Como usar o termómetro de carne
Preme o botón da parte posterior do termómetro
para colocalo na posición COOK.
Conecta o cable nun dos lados do termómetro. O
cable resiste ata 250 °C/ 480 °F.
A pantalla amosa a temperatura en graos Celsius
ou Fahrenheit. Para seleccionar unha das escalas,
preme 1 (ver ilustración).
Para regular a temperatura, preme 2 (para unha
temperatura elevada) ou 3 (para unha temperatura
baixa).
Introduce a sonda do cable no alimento que vaias
preparar. A temperatura da comida aparece na
parte esquerda da pantalla. O termómetro emitirá
un son cando a comida acadar a temperatura
desexada.
Información importante
O temporizador pódese configurar ata un máximo
de 99 minutos e 59 segundos. O termómetro para
carne pódese fixar a un máximo de 250 °C/480 °F.
O temporizador pódese iniciar sen definir o tempo
(premer 1). Irá facendo unha conta ascendente sen
emitir ningún sinal acústico. Ao chegar ao límite
comezará de novo desde 0.
O termómetro/temporizador de carne ten un imán
na parte posterior para fixalo ao frigorífico, por
exemplo.
Funciona cunha pila LR03 AAA 1,5 V que se vende
por separado.
XESTIÓN DE LIXO E MEDIO AMBIENTE
O símbolo do contedor de lixo riscado indica que
o produto non debe ser colocado cos residuos
domésticos. Pola contra, o produto debe ser
entregado para reciclaxe segundo a normativa local
en materia de xestión de lixo. Se separas os produtos
marcados con este símbolo dos residuos domésticos,
axudarás a reducir o volume de lixo que acaba en
incineradoras ou vertedoiros e minimizarás os efectos
negativos que poderían causar na saúde humana e
o medio ambiente. Para máis información, ponte en
contacto coa túa tenda IKEA máis próxima.
7

Publicidad

loading