Manual de instrucións
Moi importante: Le integramente este manual antes de utiliza-lo teu conxelador.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados cos debuxos correspondentes.
0
Identifi cación
Identifi ca o modelo do teu conxelador ("a",
"b", "c", "d", "e") comparando o panel de
mandos coas ilustracións.
O teu conxelador é NO FROST se aparece NO
FROST no panel de mandos.
1
Instalación
1.1 Desembalaxe. Retira tódolos elementos de
protección.
1.2 Situación. ca o conxelador lonxe de fontes
de calor e protexido dos raios directos do sol
para diminuí-lo consumo.
Non instále-lo conxelador ó aire libre nin
exposto á chuvia.
O aire debe circular pola parte traseira do
conxelador. Deixa 25 mm entre o fondo do
conxelador e a parte traseira. Non tapóne-lo
espazo existente entre o teu conxelador e o
chan ou o teito con ningún obxecto.
Nivela o conxelador para evitar vibracións e
ruídos. Ten en conta que, se o conxelador
está situado xunto á parede ou algún
armario, pode producir pequenos ruídos.
Así mesmo, comproba que as bandexas
están colocadas correctamente e coloca os
recipientes separados entre si para evitar
vibracións.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Deixa repousa-
lo conxelador durante, polo menos, 2 horas
en posición vertical antes de conectalo.
Comproba os datos da placa de características
(220-240V con toma de terra) (1.3.1, 1.3.2).
Non uses adaptadores nin prolongadores.
Evita que o cable estea en contacto ou
atrapado debaixo do motor.
1.4 Cambio de sentido de apertura da porta.
Desconecta o conxelador da rede eléctrica e
baléirao completamente de contido.
Apoia delicadamente o aparato sobre a parte
posterior (1.4.1).
Solta os parafusos (1.4.2) e extrae a bisagra
superior e o casquete de xiro axudándote co
desaparafusador (1.4.3).
Desenchufa premendo a pestana do
conector (1.4.4). Retira a porta do
refrixerador (1.4.5). Extrae o portamandos
facendo panca nas amosegas destinadas
para iso con axuda dun desaparafusador
(1.4.6).
Fai unha amosega para o cable no lado
contrario, na zona indicada na carcasa
(1.4.7). Monta de novo o portamandos
pasando o cable pola amosega realizada
(1.4.8).
Solta os parafusos da bisagra inferior e
retíraa. Cambia a posición do eixo na bisagra
e colócaa no lado oposto (1.4.9).
Coloca a porta (1.4.11).
Solta o tirador vertical e colócao no lado
oposto da porta xirándoo 180º (1.4.10).
Coloca a cápsula de peche no espazo da
bisagra superior do lado oposto (1.4.12).
Preme o conector para enchufalo á porta
(1.4.13).
Coloca a bisagra superior e o casquete
de xiro introducindo o cable sobrante no
portamandos (1.4.14) e coloca os parafusos
(1.4.15).
Levanta o conxelador con coidado (1.4.16).
1.5 Nivelación do aparato. Axusta as patas de
maneira que quede lixeiramente inclinado
cara atrás, para facilita-lo correcto peche da
porta (1.5.1).
1.6 Clase climática. Este conxelador foi
deseñado para un funcionamento óptimo a
unha temperatura ambiente de entre +10ºC
e +43º, clase climática SN-T, (1.3.2). Fóra
destas temperaturas, pódense ver afectadas
as prestacións do aparato.
g a l e g o
53