Fagor ISOCOMFORT Serie Manual Del Usuario página 25

Caldera mural a gas
Tabla de contenido

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

D
ecantouse por FAGOR, unha marca de gran prestixio que presenta o nivel tecnolóxico máis moderno no acaba-
do e na comodidade, a seguridade e a ecoloxía, polo que se garante o seu benestar e o da súa familia.
Conscientes da nosa responsabilidade, fabricamos a súa caldeira FAGOR consonte ás estritas normas de calidade
internas da empresa, contando co aval oficial de AENOR segundo as normas europeas ISO 9001 e ISO 14001 sobre
Xestión Ambiental.
Lea detidamente este libro de instrucións antes de instalar e empregar a caldeira, e gárdeo nun lugar seguro e fácil
de localizar.
Este documento está dirixido a todas aquelas persoas que fagan uso do aparello, ben para a súa instalación, funcio-
namento ou reparación. Serve de axuda documental para realizar consultas técnicas.
Definicións:
·
AQS: Auga quente sanitaria
·
SAT: Servizo de asistencia técnica
·
BSP: British Standard Pipe
·
RITE: Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RD 1027/2007 do 20 de xullo)
·
Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos (RD 919/2006 do 28 de xullo)
· Perigo eléctrico: De non se respectaren estas advertencias, existe perigo físico e de electrocución ou póden-
se producir danos no aparello.
· Atención: De non se respectaren estas advertencias, existe o perigo de se produciren danos físicos ou danos
materiais no aparello.
· Importante: Identifica información crítica para un correcto entendemento do produto.
A transformación e o mantemento da caldeira teñen que ser realizados polo Servizo de Asistencia Técnica de
FAGOR (SAT) ou profesionais cualificados.
Antes de calquera intervención na caldeira, desconéctea da rede eléctrica e peche o paso do gas.
Para un óptimo funcionamento da caldeira é obrigatorio realizar un mantemento anual.
Queda prohibida a intervención sobre as partes seladas da caldeira.
Non asumimos ningunha responsabilidade polos danos que se produzan por non respectar estas instrucións.
OS DATOS TÉCNICOS E AS MEDIDAS DESTE MANUAL NON SON VINCU-
LANTES. A EMPRESA RESÉRVASE O DEREITO A VARIALOS SEN TER A
OBRIGA DE COMUNICALO PREVIAMENTE. DECLINAMOS CALQUERA TIPO
DE RESPONSABILIDADE POR POSIBLES INEXACTITUDES NO CONTIDO DO
DOCUMENTO QUE SE DEBAN A ERROS DE IMPRESIÓN OU TRANSCRICIÓN.
Antes de instalar e usar o aparello, lea atentamente este manual de instrucións
QUEDAN RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. QUEDA PROHIBIDO
REPRODUCIR, MEMORIZAR EN SISTEMAS DE ARQUIVOS OU TRANSMITIR
DE CALQUERA XEITO OU MEDIO ELECTRÓNICO, MECÁNICO, FOTOCOPIA,
GRAVACIÓN OU OUTRO, CALQUERA PARTE DO PRESENTE DOCUMENTO
SEN A AUTORIZACIÓN PREVIA E POR ESCRITO DA EMPRESA.
24

Hide quick links:

Publicidad

Tabla de contenido
loading

Este manual también es adecuado para:

Comfort serieIsocomfort fee-24noxComfort fe-24nox

Tabla de contenido