Desactivación do servizo de calefacción
1.- Cando aparece a estrela invernal na pantalla, significa que está
activado o servizo de calefacción.
2.- Premendo o botón INVERNO, desactívase o servizo de calefac-
ción.
OBSERVACIÓN: O servizo de AQS mantense activado á espera
de que o usuario realice unha demanda.
Apagado da caldeira
1.- Prema o botón de ACENDIDO/APAGADO.
3.- Apágase a caldeira e xa non aparecen datos na pantalla.
Desbloqueo do teclado
Por cuestións de seguridade, transcorridos 30 segundos sen tocar
ningún botón do panel da caldeira, o teclado bloquéase para evitar
que se preman botóns accidentalmente (por exemplo, ao limpala). O
bloqueo aparece indicado por medio dunha icona de cadeado na
parte superior esquerda.
1.- Premer calquera botón durante 2 ou 3 segundos ata que desapa-
reza o cadeado da pantalla e se emita un sinal acústico que confirme
o desbloqueo do teclado.
Bloqueo de seguridade
A caldeira está dotada de sistemas de seguridade que a bloquean
no caso de se detectar algún funcionamento anómalo.
Algúns destes bloqueos reinícianse automaticamente, pero de tra-
tarse dun bloqueo de seguridade importante, cómpre que o usuario
reinicie a caldeira.
Consultar o apartado 7.- CÓDIGOS DE BLOQUEO do manual.
1.- Solucionar a posible causa do bloqueo.
2.- Premer o botón REINICIO e nuns segundos desaparecerá o blo-
queo da pantalla.
3.- Repetir as operacións anteriores en varias ocasións antes de cha-
mar ao Servizo de Asistencia Técnica.
Opción CONFORT (só nos modelos ISOCOMFORT)
Os modelos ISOCOMFORT incorporan un innovador sistema de
microacumulación.
Con este sistema, a caldeira consegue que a auga quente sanita-
ria acade a temperatura consignada ao instante. Para iso, cómpre ter
activada a opción «Confort».
Existen dúas maneiras de activar a opción «Confort»:
— Premendo o botón COMF (na pantalla aparecerá unha billa e
as letras COMF) e, con demanda ou sen ela, a caldeira manterá
quente a auga do seu interior para garantirlle ao usuario unha
resposta rápida. Desactívase premendo de novo o botón COMF.
Daquela desaparecerá a icona de COMFORT da pantalla.
— Outro xeito de activar a opción «Confort» é abrindo e pechan-
do momentaneamente (dúas veces en menos de cinco segun-
dos) calquera billa de auga quente da instalación. Esta función,
denominada «Remote Tap Control» (RTC), mantense activada ata 15
minutos logo da última demanda de AQS e desactívase automatica-
mente.
27