Instrucións de mantemento
Limpa o produto cun pano suave lixeiramente humedecido. Non utilices
deterxentes abrasivos, disolventes químicos nin obxectos que poidan danar os
produtos.
IMPORTANTE!
• Temperatura de funcionamento: de -5 °C a 40 °C.
• Para evitar o sobrequecemento, evita deixar o sensor de movemento exposto
directamente á luz do sol ou preto de algunha fonte de calor
• Os diferentes materiais de construción e as distintas localizacións das unidades
poden afectar o alcance da conectividade sen fíos.
ADVERTENCIA!
Existe risco de estoupido no caso de cambiar unha pila por outra de tipo
incorrecto. Non mestures pilas de diferentes capacidades, tipos ou selos de data.
Desbota as pilas usadas seguindo as instrucións.
Conserva estas instrucións para futuras consultas.
Datos técnicos
Modelo: sensor de movemento VALLHORN
Tipo: E2134
Entrada: 2,4V, 2 pilas LADDA HR03/AAA 1,2 V.
Alcance: 10 m ao aire libre.
Ángulo de visión do sensor: 60º - 120º
Alcance do sensor: uns 10 m
Frecuencia de funcionamento: 2405-2480 Mhz
Potencia de saída: 3 dBm.
Clase IP: IP44
Fabricante: IKEA of Sweden AB.
Enderezo: caixa do correo 702, SE-343 81 Älmhult, SUECIA
O símbolo do contedor de lixo riscado indica que o produto non debe ser
colocado cos residuos domésticos. Pola contra, o produto debe ser entregado
para reciclaxe segundo a normativa local en materia de xestión de lixo. Se separas
os produtos marcados con este símbolo dos residuos domésticos, axudarás a
reducir o volume de lixo que acaba en incineradoras ou vertedoiros e minimizarás
os efectos negativos que poderían causar na saúde humana e o medio ambiente.
Para máis información, ponte en contacto coa túa tenda IKEA máis próxima.
15