Galego
Este punteiro está provisto do Seitor: o novo sistema de corrección de ton
patentado polo Obradoiro de Gaitas Seivane.
Instrucións de uso
Unha vez colocada a palleta no seu lugar, e o punteiro na súa buxa, vostede pode xirar o corpo
(B) con respecto á mesa (A), á dereita ou á esquerda para correxir eventuais variacións no ton
que poden presentarse con cambios na temperatura ambiente, humidade ou calquera outro
motivo. Todo esto sen necesidade de axustar outra vez a palleta. Cada volta do punteiro (B)
representa un agrandamento ou encollemento dun milímetro que fai que o seu ton baixe ou suba
respectivamente.
No momento do seu embalaxe o punteiro é axustado perfectamente na posición central (2), é
dicir, do mesmo modo que os punteiros de ton fixo. Vostede conta con tres voltas á dereita (3)
ou dúas á esquerda (1) para compensar os cambios mencionados. Pódese xirar algunhas voltas
máis pero, neste caso, a escala do punteiro pode resultar descompensada.
Mantemento
É convinte separar cada seis meses (4) a mesa (A) do corpo (B) xirando repetidamente este (B)
á esquerda con respecto á mesa (A). Deste xeito quedará á vista o parafuso de axuste de precisión
que deberá lubricarse coa grasa Seibo que acompaña á gaita, dúas veces ao ano.
Para volver a unilos, alinee perfectamente o parafuso e enrosque, sen forzar, hacia a dereita ata
a posición media. Esta posición alcánzase cando a base da mesa (A) e o pequeno ensanchamento
da parte alta (B) do punteiro están nivelados de modo que ambos forman un conxunto estético
similar ao dun punteiro de ton fixo.