Descargar Imprimir esta página

IKEA MITTZON Manual Del Usuario página 13

Ocultar thumbs Ver también para MITTZON:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Galician
Unha superficie de traballo de altura axustable de xeito electromecánico cunha interface
de control para axustar a altura. Poden usar o aparello nenas e nenos de 14 anos ou máis
e persoas con capacidades físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou que non teñan
experiencia nin coñecementos. Para iso deben entender os riscos que implica e deben ser
supervisados por unha persoa responsable. Non se pode xogar co aparello. Menores de
idade non poden limpar nin realizar o mantemento do aparello sen supervisión.
Traducido das instrucións orixinais.
Recomendacións e instrucións do escritorio sentado/de pé MITTZON.
Modelo:
Entrada:
Nivel sonoro:
Consumo enerxético en modo espera:
Intervalo de regulación de altura:
Carga máxima:
Intervalo de temperatura durante o uso:
Intervalo de temperatura durante
almacenaxe:
Humidade:
Unidade de alimentación:
Este produto só se pode utilizar coa unidade de alimentación eléctrica
que se inclúe.
Deberá ler atentamente estas instrucións a persoa encargada dos traballos
de instalación, mantemento e reparación ou que vaia facer uso diario desta
mesa. Garda estas instrucións preto da mesa sentado/de pé.
Instrucións de instalación
A mesa móntase seguindo as instrucións de montaxe específicas. Conecta un
extremo do cable de conexión de 90 graos (50 mm de longo) ao porto M1 da
caixa de control; despois conecta o outro extremo ó cable da pata. Conecta
o cable da outra pata ó porto M2 da caixa de control. Conecta o controlador
de man ó porto HS e a fonte de alimentación ó porto CA da caixa de control.
A caixa de control debe ir situada na bandexa xunto a estrutura e o cable
eléctrico na bandexa de feltro da parte posterior. Coloca o cable eléctrico de
maneira que non sufra danos. Revisa as instrucións de montaxe. Conecta o
cable eléctrico á toma da parede (ou ao enchufe da bandexa de feltro).
Importante! O cable eléctrico débese mover sen problemas.
Uso da mesa
A mesa só debe usarse como mesa de traballo, coa posibilidade de axustar
continuamente a altura de traballo entre a posición sentada e de pé. A mesa
só se pode usar en interiores e lugares secos (unha oficina ou semellante).
Non se debe sobrecargar a mesa. A carga máxima son 80 kg, distribuidos
uniformemente sobre toda a mesa. O taboleiro ten dúas partes, o panel
posterior máis pequeno/módulo enchufable non é parte da superficie do
taboleiro e non se debe cargar.
MITTZON
220-240 V, 50Hz, 275 W
inferior a 50 dB(A)
<0.3W.
62-126 cm, 24.4~49.6 in
80 kg/176 lbs.
+5 ata +40 °C/41 ata 104 °F.
-10 ata +50 °C/14 ata 122 °F.
de 20% a 80% a 30 °C/86 °F.
máx 29V CC, 275W
Sigue estas instrucións para axustar a altura da mesa:
1. Asegúrate de que os cables están ben conectados.
2. Asegúrate de que non hai ningún obxecto entorpecendo o movemento da
mesa.
3. Preme os botóns arriba/abaixo no controlador de man para axustar a
altura do escritorio.
Regulamentos de seguridade
Cando o escritorio se mova arriba ou abaixo, procura manter unha distancia
de seguridade para evitar o risco de quedar atrapado entre o mesado e os
obxectos fixos da área circundante. Cando a mesa se mova arriba ou abaixo, o
usuario deberá vixiar que ningunha persoa nin ningún obxecto sofren danos.
O taboleiro do escritorio non debe quedar bloqueado por ningún obxecto
fixo, xa que podería envorcar. Afasta sempre a cadeira antes de subir ou
baixar a mesa. As patas do escritorio non se deben modificar nin recompoñer
de ningunha maneira. É necesario desconectar o cable eléctrico da toma da
parede durante os traballos de mantemento e reparación da mesa. Queda
terminantemente prohibido modificar a caixa de control e o controlador de
man. Queda terminantemente prohibido modificar as patas. A mesa non se
debe usar como un dispositivo para elevar persoas.
Instrucións de mantemento e reparación
Tras aproximadamente unha semana de uso, comproba que os parafusos
seguen ben apertados. Cando non for posible subir ou baixar a mesa,
comproba as conexións entre o enchufe do escritorio e a toma da parede
(enchufe) e asegúrate de que todos os cables están ben conectados. Cando
for necesario cambiar algunha peza da mesa eléctrica axustable, antes
haberá que desconectar o cable eléctrico da toma de parede (o enchufe).
Após cambiar dita peza, volve a conectar o cable eléctrico á toma de parede
(o enchufe) e a continuación finaliza o proceso de reinicio seguindo para iso
as instrucións de reinicio. Unha vez reiniciada sen contratempos, a mesa está
lista para ser usada de novo. Se a mesa segue sen funcionar, contacta coa
tenda IKEA máis próxima ou co servizo de atención ao cliente.
Mantemento do produto
Non intentes reparar o produto pola túa conta, xa que ao abrir e quitar
as tapas podes quedar exposto a posibles descargas eléctricas ou outros
perigos.
Fabricante: IKEA of Sweden AB.
Enderezo: caixa do correo 702, SE-343 81 Älmhult, SUECIA
Núm. de teléfono: +46(0)476-648500
GARDA ESTAS INSTRUCIÓNS
O símbolo do contedor de lixo riscado indica que o produto non se pode
depositar xunto cos residuos domésticos. No tocante ao tratamento de
residuos, o produto debe reciclarse seguindo a normativa ambiental local. Se
separas os produtos marcados con este símbolo do lixo doméstico, axudarás
a reducir o volume de residuos que acaban en incineradoras ou vertedoiros,
13

Publicidad

loading