Galego
Revisar o produto con frecuencia.
O mecanismo de peche ábrese manualmente.
O produto foi deseñado exclusivamente para uso doméstico en
interiores.
Pódese utilizar en armarios, caixóns, frigoríficos, conxeladores e
microondas de calquera tamaño.
Non se debe fixar na porta ou caixón do armario adxacente ou sobre
a porta dun forno.
Antes de pegar o adhesivo, limpar a superficie con alcohol
desnaturalizado ou limpacristais. Non usar produtos de limpeza que
conteñan aceite ou xabón.
Para unha boa adherencia, deixar endurecer a cinta durante 48
horas.
Despois de fixar a cinta adhesiva á superficie non se debe mover nin
volver utilizar o protector porque diminuirá o efecto adhesivo.
Poden quedar manchas de adhesivo ao quitar o produto.
Unha vez fixado o produto e enganchado o mecanismo de peche,
comprobar que a porta/caixón non abre máis de 30 mm.
Importante: a cinta adhesiva só se pode usar sobre superficies lisas
como a madeira ou metal pintados ou lacados, vidro ou taboleiros
de partículas con laminado. A cinta adhesiva non é apta para
paredes de ladrillo ou xeso, papel pintado ou superficies porosas.
Fixar con parafusos en superficies irregulares.
24
AA-2519970-1