Descargar Imprimir esta página

IKEA SOMRIG Manual Del Usuario página 11

Ocultar thumbs Ver también para SOMRIG:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Coidado da pila
Cando a pila se estea esgotando e
premas calquera botón, comezará a
escintilar unha luz LED vermella. As
persoas cun receptor DIRIGERA ou
os usuarios da app IKEA Home smart
poderán ver o estado da pila na propia
app e recibir notificacións cando esta
comece a esgotarse.
Como cambiar a pila
Abre o compartimento das pilas
utilizando para iso un obxecto plano
e cambia a pila por outra nova do tipo
AAA/HR03.
Información de seguridade
Atención!
Utilizar unha pila incorrecta leva
aparellado un risco de explosión.
As pilas gastadas débense desbotar
seguindo as instrucións WEEE que se
encontran ao final deste documento.
Importante!
• Este produto foi deseñado para usar
en interiores, a unha temperatura
entre 0 e 40 °C.
• Para evitar que o produto se
sobrequente, evita que entre en
contacto directo coa luz do sol.
• Os diferentes materiais da casa e
a localización do produto poden
influír sobre o alcance da conexión
sen fíos.
Instrucións de mantemento
Limpa o mando a distancia cun pano
suave humedecido cun pouco de
deterxente suave. Para secalo, usa
outro pano suave e seco.
Nota!
Non uses nunca limpadores abrasivos
ou disolventes químicos, xa que isto
pode danar o produto.
Tipo de pila recomendada:
1 x IKEA LADDA 900 (AAA/HR03,
1,2 V, 900 mAh, Ni-MH) (non incluída)
Datos técnicos
Modelo: botón de atallo SOMRIG
Tipo: E2213
Entrada: 1,2 V, 1 pila AAA/HR03 LADDA
Alcance: 10 m ao aire libre.
Para uso exclusivo en interiores
Frecuencia de funcionamento:
2405-2480 Mhz
Potencia de saída: 3 dBm (EIRP)
Clase IP: IP44
Fabricante: IKEA of Sweden AB
Enderezo:
Box 702, SE-343 81 Älmhult, SUECIA
O símbolo do contedor de lixo riscado
indica que o produto non debe ser
colocado cos residuos domésticos.
Pola contra, o produto debe ser
entregado para reciclaxe segundo a
normativa local en materia de xestión
de lixo. Se separas os produtos
marcados con este símbolo dos
residuos domésticos, axudarás a
reducir o volume de lixo que acaba
en incineradoras ou vertedoiros e
minimizarás os efectos negativos que
poderían causar na saúde humana
e o medio ambiente. Para máis
información, ponte en contacto coa
túa tenda IKEA máis próxima.
11

Publicidad

loading

Este manual también es adecuado para:

505.603.34