Galego
O botón de atallo SOMRIG funciona
cos receptores DIRIGERA e coa
app IKEA Home smart e con el
poderás controlar os teus produtos
intelixentes. Utiliza a app para dicirlles
aos teus produtos intelixentes como
e cando funciona, despois garda a
configuración, que despois poderás
controlar con este botón.
Nota: para este produto funcionar,
son necesarios o receptor e a app.
Inicio
Descarga a app IKEA Home smart e
sigue as instrucións que aparecerán
en pantalla para incorporar o produto
ao teu sistema intelixente.
Aplicación IKEA Home Smart
Para dispositivos Apple,
descarga a aplicación da
App Store. Para dispositivos
Android, descarga a aplicación de
Google Play.
Nota: se tes unha pasarela de ligazón
TRÅDFRI, utiliza a aplicación IKEA
Home smart 1.
Coñece o teu produto
Este produto está pensado para
controlar un sistema intelixente.
Utiliza o Botón 1 ou o Botón 2 para
controlar a túa configuración.
10
Botón 1
Botón 2
Botón de emparellamento
3.
Luz LED
Como controlar as configuracións
Cada botón actúa de maneira distinta,
segundo o premas unha vez, dúas
veces ou manteñas premido. Desta
maneira poderás conectar distintas
configuracións a cada botón. Conecta
ata 6 configuracións por botón de
atallo (3 configuracións por botón).
Como activar as configuracións
Utiliza a app IKEA Home smart para
emparellar unha configuración
a un botón de atallo. Sigue as
instrucións da app para crear
unha configuración e asígnalle un
botón co correspondente tipo de
activación (premer unha vez, dúas...).
A configuración activarase cando
premas o botón co tipo de activación
correspondente.
3
1
2