Galego
Unha superficie de traballo de altura axustable de xeito
electromecánico cunha interface de control para axustar a
altura.
Os nenos de 8 anos ou máis e as persoas con capacidades
físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou que non teñan
experiencia nin coñecementos poden usar o aparello se a
persoa responsable da súa seguridade os supervisa ou lles
dá instrucións sobre o uso seguro do aparello e entenden os
perigos. Os nenos non poden xogar co aparello.
Os nenos non poden limpar nin realizar o mantemento do
aparello sen supervisión.
Traducido a partir das instrucións orixinais.
Recomendacións e instrucións para o RODULF.
Este escritorio só de pode usar co controlador
incluído.
Calquera persoa que instale, use, repare ou
faga o mantemento deste escritorio ten a
responsabilidade de ler atentamente estas
instrucións. Garda estas instrucións preto do
escritorio sentado/de pé.
Instrucións de instalación
• O escritorio móntase tal como se indica nas
instrucións de montaxe incluídas por separado.
• Conecta o cable dunha pata á outra.
• Conecta o cable eléctrico nunha toma de parede.
NOTA! O cable eléctrico débese mover sen
problemas.
• O escritorio xa está listo para usar.
• Os motores paran automaticamente cando o
escritorio chega á posición máis alta ou máis
baixa.
Uso do escritorio
O escritorio só se pode usar como un escritorio
de traballo que se pode axustar constantemente
entre a posición sentada ou de pé. O escritorio só
se pode usar en interiores e lugares secos (unha
oficina ou semellante).
Non se debe sobrecargar o escritorio. A carga
máxima é de 80 kg. O sistema pode funcionar
de xeito continuado durante un minuto como
máximo. Os motores deben descansar durante
uns nove minutos antes de poder volver usalos.
GUÍA RÁPIDA
Reinicio manual / primeiro uso:
• Fai un reinicio premendo simultaneamente os
botóns para subir e baixar durante, polo menos,
oito segundos. Sigue premendo os botóns para
que o escritorio se mova lentamente ao punto
máis baixo posible. O reinicio terá finalizado
cando o escritorio pare no punto máis baixo.
Ao axustares a altura do escritorio, sigue estas
instrucións:
1. Asegúrate de que non hai ningún obxecto
obstaculizando o traxecto de axuste de altura do
escritorio.
2. Para subir ou baixar o escritorio, preme o
botón de control arriba ou abaixo, segundo
corresponda.
Mantén premido o botón de subida até que o
escritorio acade a altura desexada.
13