Galego
Primeiros pasos
Enchufe o produto á toma da parede.
Tes que conectar a fonte de luz a un dispositivo
controlador antes de poder utilizala.
1. Para engadir máis luces, repite os seguintes pasos:
2. Asegúrate de que a fonte de luz está instalada e o
interruptor principal está en posición on.
3. Coloca o mando a distancia preto da fonte de luz
que quixeres (a unha distancia inferior a 5 cm).
Preme decontino o botón de emparellamento
durante polo menos 10 segundos. Acenderase unha
luz vermella fixa no dispositivo de control. A fonte
de luz comezará a atenuarse e finalmente emitirá
unha luz intermitente unha vez para indicar que se
emparellou correctamente.
Poden emparellarse até 10 fontes de luz por cada
dispositivo de control.
Asegúrate de emparellar un de cada vez. Se as fontes
de luz estiveren preto entre si, desconecta as que xa
estean emparelladas do interruptor de alimentación
principal.
Co control a distancia poderás elixir entre 9 cores e
luces brancas:
Grazas á iluminación intelixente de IKEA e á app IKEA
Home smart, terás un total de 20 cores e luces brancas
ó teu alcance:
Se ten un dispositivo de conexión TRÅDFRI ou
terminal DIRIGERA
Acceda á App Store ou a Google Play e descargue a
aplicación IKEA Home smart. Na aplicación encontrará
información sobre como instalar o seu produto e
outros dispositivos.
ADVERTENCIA:
NON USAR CON REGULADORES DE INTENSIDADE
ESTÁNDAR. Esta fonte de luz non funciona
correctamente cando se conecta a un regulador de
intensidade estándar (para lámpadas incandescentes)
ou a un sistema de regulación da intensidade estándar.
Só produtos que se poidan controlar cun produto de
iluminación intelixente de IKEA.
Como realizar un reinicio de fábrica
Cando o produto non responder ou cando quixeres
desemparellar o produto dun dispositivo de control,
é posible que teñas que restablecer os valores
de fábrica. O restablecemento de fábrica faise
introducindo con coidado un clip ou elemento
semellante no burato pequeno (RESET) e premendo
lixeiramente.
IMPORTANTE!
• Uso exclusivo en interiores.
• Evite que o produto estea en contacto directo coa luz
solar ou preto dalgunha fonte de calor.
• A distancia de funcionamento entre a unidade e o
dispositivo de control mediuse ao aire libre.
• Os distintos materiais de construción e localización
da unidade poden influír sobre o alcance da conexión
sen fíos.
Care Instructions
Limpar cun pano húmido.
Non usar nunca limpadores abrasivos nin disolventes
químicos, xa que poderían danar o produto.
Conserva estas instrucións para consultas futuras.
Datos técnicos:
Tipo:
Entrada:
Potencia luminosa máxima: 1150 lm
Rango de radio: 10 m ao aire libre.
Frecuencia de funcionamento: 2405-2480 Mhz
Potencia de saída: 8,5 dBm
Fabricante: IKEA of Sweden AB.
Enderezo:
caixa do correo 702, SE-343 81 Älmhult, SUECIA
O símbolo do contedor de lixo riscado indica que
o produto non debe ser colocado cos residuos
domésticos. Pola contra, o produto debe ser entregado
para reciclaxe segundo a normativa local en materia
de xestión de lixo. Se separas os produtos marcados
con este símbolo dos residuos domésticos, axudarás
a reducir o volume de lixo que acaba en incineradoras
ou vertedoiros e minimizarás os efectos negativos
que poderían causar na saúde humana e o medio
ambiente. Para máis información, ponte en contacto
coa túa tenda IKEA máis próxima.
7