Autoteléfono; Imáns (Advertencias De Seguridade) - GAES SENSIS RIC Manual De Uso

Tabla de contenido

Publicidad

Idiomas disponibles
  • ES

Idiomas disponibles

AUTOTELÉFONO
O seu audiófono está equipado coa función
autoteléfono, o que fai posible que seleccione
automaticamente o programa para oír o
teléfono ao achegar o auricular ao oído.
En caso de adaptación binaural, activando
o programa de bobina, poderá escoitar
o teléfono simultaneamente nos dous
audiófonos.
Cando remate de falar e separe o teléfono do
oído, este volverá ao programa que estaba a
usar previamente.
IMÁNS (ADVERTENCIAS DE SEGURIDADE)
Para a activación automática do autoteléfono,
deberá colocar o accesorio magnético no
auricular do seu teléfono.
Mova lixeiramente o imán ata dar coa posición
óptima* para acadar unha conexión fiable e
unha audición agradable; a continuación,
extraia o protector e fixe o seu accesorio no
auricular.
*Zona sombreada da ilustración
GL
90
IMÁNS (ADVERTENCIAS DE SEGURIDADE)
PRECAUCIÓN!
Os imáns poden afectar a determinados aparellos electrónicos.
Asegúrese de non colocar os imáns preto de monitores, aparellos
de televisión e outros equipamentos electrónicos.
Comprobe que non se atopen na súa proximidade tarxetas de
crédito, CD/DVD, nin outros dispositivos sensibles a campos
magnéticos (< 30 cm).
ADVERTENCIA
Os imáns poden interferir no funcionamento de dispositivos
médicos como os marcapasos, as válvulas magnéticas, etc.
Os usuarios que leven marcapasos deben seguir as instrucións
de seguridade do fabricante do marcapasos e utilizar o accesorio
magnético só cando estean seguros de que a distancia de
seguridade é superior a 10 cm.
Garde os imáns fóra do alcance dos nenos. Se alguén inxire un
imán, consulte o seu médico.
91
GL

Hide quick links:

Publicidad

Tabla de contenido
loading

Tabla de contenido