GALICIAN
nenos) con capacidade psicofísico-sensorial reducidas ou con
falta de experiencia e coñecementos, a non ser que sexan
supervisadas e instruídas coidadosamente sobre o uso seguro
do aparello por unha persoa responsable da súa seguridade.
• Este aparello pode ser usado por nenos de idade non inferior a
8 anos e por persoas con capacidade psicofísico-sensorial
reducidas ou con experiencia e coñecementos insuficientes,
sempre que estean coidadosamente supervisados e
instruídos sobre o uso seguro do aparello e os perigos que isto
supón. Non deixe que os nenos xoguen co aparello.
ADVERTENCIA: O aparello e as súas partes accesibles
quéntase moito durante o uso.
Teña moito coidado de non tocar as resistencias.
Manteña lonxe os nenos menores de 8 anos a menos, que estean
constantemente supervisados.
ADVERTENCIA: Se a superficie ten fendas, apague o aparello para
evitar o risco de descarga eléctrica.
• Non faga funcionar o aparello se a superficie está rachada ou
se hai danos visibles no grosor do material.
• Non toque o aparello coas mans ou partes do corpo molladas.
• Non empregue aparellos a vapor para limpar o produto.
• Non coloque sobre a superficie da placa obxectos metálicos
como coitelos, garfos, culleres e tapas, xa que poden
quentarse en exceso.
• Use o mando adecuado para apagar a placa despois do uso;
non confíe nos sensores das potas.
ADVERTENCIA: É perigoso deixar a placa sen vixilancia cando se
emprega aceite ou graxa, xa que isto pode xerar unha situación
perigosa e provocar un incendio. NUNCA intente apagar as
chamas con auga, no canto diso apague o aparello e sufoque as
chamas, por exemplo cunha tapa ou unha manta ignífuga.
60