Características do cargador
• Permite a carga de 1 a 4 pilas recargables HR6/AA
ou de 1 a 4 pilas recargables HR03/AAA.
• 4 circuítos de carga. As pilas recárganse
individualmente.
• Fin de carga cando o intervalo de tensión
individual é negativo ou cero (-dV/dT ou 0dV/dT).
• Seguridade por temporizador e sensores de
temperatura independentes.
• Detección de pilas non recargables e de pilas
danadas.
• Indicador LED de dúas cores para indicar o estado
de carga de cada circuíto.
Funcionamento
• Insire as pilas en cada emprazamento
respectando as indicacións de polaridade (+/-).
Ver ilustración 1.
• Enchufa o cargador á toma de corrente.
• In dicador LED do estado de carga:
LED branco intermitente: carga en marcha.
LED branco acendido: carga finalizada.
LED vermello intermitente: erro.
• De colocárense por erro pilas non recargables ou
danadas no cargador, ou de quentárense as pilas,
o indicador LED vermello pestanexará.
22