Descargar Imprimir esta página

IKEA FORDELAKTIG 504.494.03 Manual Del Usuario página 100

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

GALICIAN
100
Panel de mandos
Acendido/apagado do extractor para placa de cocción.
Prema para acender. Prema de novo para apagar.
Por defecto, ao acender o extractor para placa de cocción, a campá actívase en modo automático e acéndese o
LED
.
Toca (preme) a barra de selección para desactivar o modo automático e emprega o ventilador do extractor no
modo manual.
O LED
apagarase.
Activación do temporizador
Prema o botón durante 5 segundos: a campá entrará en modo temporizado cun temporizador predeterminado en
15 minutos.
Na campá acenderase o LED de indicación da modalidade temporizada
.
Para desactivar o modo temporizado (temporizador), prema de novo o botón durante 5 segundos.
Cando transcorre o tempo, soa un sinal acústico (de 2 minutos de duración, que se pode deter premendo o botón
on/off) e a pantalla
apágase.
A conta atrás non é visible, a indicación visual é o LED
.
Seleccione unha zona de cocción para configurar un temporizador
independente.
Este botón activa un temporizador que se pode configurar para zonas de cocción individuais, mesmo
simultaneamente.
Cando transcorre o tempo establecido, as zonas de cocción apáganse automaticamente e soa un sinal acústico.
Activación/regulación do temporizador da placa de cocción:
Prema varias veces a tecla
para seleccionar a zona de cocción que se desexa activar.
Acenderase a icona correspondente á zona de cocción.
Despois de seleccionar a zona de cocción desexada, axuste a duración do temporizador:
Prema + para aumentar o tempo antes de que se apague automaticamente.
Prema - para diminuír o tempo antes de que se apague automaticamente.
Stop&Go / Reinicio
Esta función permite suspender/reiniciar calquera función activa da placa, reducindo a potencia de cocción a cero.
Prema o botón para activar a función, prema de novo e mova o cursor indicado completamente de esquerda a
dereita (a carón da función de pausa
) para desactivala.
Nota: se transcorridos 10 minutos non se desactiva a función Pausa, a placa apágase automaticamente.
Esta función permítelle recuperar a configuración da placa en caso de apagado accidental.
Activación:
- Acenda de novo a placa de cocción.
- Prema
en 6 segundos.
Aumento/diminución da duración do temporizador para a zona de cocción.
Manteña premido para restablecer o filtro antigraxa.
Manteña premido para restablecer o filtro anticheiros de carbón activado.
Bloqueo/desbloqueo da placa de cocción
Permite bloquear a configuración da placa para evitar manipulacións accidentais, deixando activadas as funcións xa
configuradas. Repita a operación para desactivar o bloqueo.
Bloqueo das teclas. Prema ao mesmo tempo as teclas
e
durante algúns segundos.

Publicidad

loading