Descargar Imprimir esta página

IKEA VAPPEBY Manual Del Usuario página 27

Ocultar thumbs Ver también para VAPPEBY:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Aviso importante de seguridade
ADVERTENCIA
• Risco de temperatura excesiva. Non instalar nunca o
produto nun espazo confinado. Deixar sempre arredor
do aparello 5 mm como mínimo para garantir a
ventilación. Asegúrate de que non hai obxectos a cubrir
as rañuras de ventilación do produto.
• Non coloques nunca o produto nin as pilas preto de
chamas abertas ou outras fontes de calor, incluído o
contacto directo coa luz solar.
• Utiliza exclusivamente o produto en lugares interiores.
Non expoñer o aparello a pingueiras ou salpicaduras, nin
colocar obxectos con líquidos, como floreiros, enriba do
aparello.
• Non coloques nunca este produto enriba doutro aparello
eléctrico.
• O enchufe ou un conector utilízanse como dispositivo
para desenchufar, este dispositivo debe ser fácil de
utilizar.
• Se o cable fornecido está danado, debe substituírse por
un novo do tipo aprobado no país en cuestión.
• Manter o aparello apartado chama aberta, como unha
candea.
• As pilas (paquete de pilas ou pilas montadas) non
se deben expor a unha calor excesiva (sol, lume ou
equivalente).
Solución de problemas
Problema
Non podo usar o Bluetooth:
Son de baixa calidade ao
reproducir por Bluetooth:
Son de baixa calidade ao
reproducir pola entrada de
audio:
Consello
Asegúrate de que o conector de 3,5 mm non está enchufado na entrada de
audio nin no panel traseiro.
Asegúrate de que o teu teléfono, tableta ou outro dispositivo que utilices son
compatibles con Bluetooth.
Asegúrate de que te estás conectando ao dispositivo de IKEA chamado
VAPPEBY 20 gen3.
Asegúrate de que o teu teléfono, tableta ou outro dispositivo está acoplado e
de que o Bluetooth está activado.
Asegúrate de que non hai outros dispositivos no cuarto acoplados ao
Bluetooth. En caso contrario, desactiva a función Bluetooth do dispositivo.
Cando a intensidade do sinal de Bluetooth for baixa, colocar o dispositivo máis
preto do altofalante ou retirar os obstáculos que houber entre o dispositivo e
o altofalante.
Aviso: o Bluetooth normalmente funciona a unha distancia de entre 6 e 8 m
sen obstáculos polo medio. Cando houber obxectos, mobles ou paredes polo
medio, a intensidade do sinal de Bluetooth será inferior. Cando o dispositivo
se encontrar en petos de roupa ou dentro dunha bolsa, a calidade do sinal de
Bluetooth será máis baixa.
Asegúrate de que o teu teléfono, tableta ou outro dispositivo non están co
volume ao máximo, en caso contrario, baixa o volume.
IMPORTANTE
• O altofalante só se pode usar en interiores a
temperaturas que oscilen entre 0 °C e 40 °C.
• Non deixes o altofalante de xeito que lle dea
directamente a luz do sol nin preto dunha fonte de calor,
xa que se podería sobrequentar.
• Non sometas o altofalante a ambientes mollados,
húmidos ou cun po excesivo, xa que se podería estragar.
• A distancia de alcance entre o altofalante e o receptor
mídese ao aire libre.
• Os diferentes materiais de construción e as distintas
localizacións das unidades poden afectar o alcance da
conectividade sen fíos.
• Un volume excesivo podería danar a túa capacidade
auditiva.
• Non tocar os compoñentes acústicos.
• Non utilizar o produto como base o andel.
Instrucións de mantemento
Utilizar un pano húmido para limpar o altofalante. Non
somerxer nunca en auga.
Importante:
Non utilizar nunca limpadores abrasivos ou disolventes
químicos, xa que se podería danar o produto.
Mantemento
Non intentes reparar o produto pola túa conta, xa que ao
abrir e quitar as tapas podes quedar exposto a posibles
descargas eléctricas ou outros perigos.
Conservar estas instrucións para futuras consultas.
27

Publicidad

loading

Este manual también es adecuado para:

Vappeby 20 gen3E2036