Descargar Imprimir esta página

IKEA BRANDBO Instrucciones página 67

Ocultar thumbs Ver también para BRANDBO:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

GALICIAN
Utiliza sempre unha toma con illamento
de conexión a terra correctamente
instalada.
Non utilices adaptadores de enchufes
múltiples nin alargadeiras.
Asegúrate de non provocar danos
no enchufe nin no cable de rede.
Se é necesario cambiar o cable de
alimentación do aparello, debe facelo o
centro de servizo técnico autorizado.
Evita que o cable de rede toque a porta
do aparello ou o oco por debaixo do
aparello, especialmente mentres funciona
ou se a porta está quente.
Os mecanismos de protección contra
descargas eléctricas de compoñentes con
corrente e illados deben fixarse de xeito
que non se poidan afrouxar sen utilizar
ferramentas.
Conecta o enchufe á toma de corrente
unicamente cando termine a instalación.
Asegúrate de ter acceso ao enchufe
da subministración de rede unha vez
finalizada a instalación.
Se a toma de corrente está frouxa, non
conectes o enchufe.
Non desconectes o aparello tirando do
cable de conexión á rede. Tira sempre do
enchufe.
Usa unicamente dispositivos de illamento
apropiados: liña con protección contra os
curtocircuítos, fusibles (tipo parafuso que
poidan retirarse do soporte), dispositivos
de fuga a terra e contactores.
A instalación eléctrica debe ter un
dispositivo de illamento que permita
desconectar o aparello de todos os polos
da rede. O dispositivo de illamento debe
ter unha abertura mínima entre contactos
de 3 mm.
Uso
ADVERTENCIA! Risco de lesións,
queimaduras e descargas
eléctricas ou explosións.
Non cambies as especificacións deste
aparello.
Asegúrate de que as aberturas de
ventilación non estean bloqueadas.
Non deixes o aparello desatendido
durante o funcionamento.
Apaga o aparello despois de cada uso.
Ten coidado ao abrir a porta do aparello
mentres funciona. Pode liberarse aire
quente.
Non utilices o aparello coas mans
molladas nin con auga en contacto.
Non exerzas presión sobre a porta aberta.
Non utilices o aparello como superficie de
traballo nin para depositar obxectos.
Abre a porta do aparello con coidado.
O uso de ingredientes con alcohol pode
provocar unha mestura de alcohol e aire.
Non deixes que chispas nin lapas entren
en contacto co aparello cando abras a
porta.
Non coloques produtos inflamables
ou artigos mollados con produtos
inflamables dentro, preto ou sobre o
aparello.
ADVERTENCIA! Podería danar o
aparello.
Para evitar danos ou descoloracións no
esmalte:
non coloques recipientes nin outros
obxectos directamente na base;
non coloques papel de aluminio
directamente na parte inferior do
interior do aparello;
non poñas auga directamente no
aparello quente;
non deixes pratos húmidos nin
alimentos no aparello unha vez
finalizada a cocción;
ten coidado ao retirar ou meter
accesorios.
A perda de cor do esmalte ou o aceiro
inoxidable non afecta o rendemento do
aparello.
Utiliza unha bandexa fonda para pasteis
húmidos. Os zumes das froitas provocan
manchas permanentes.
Cociña sempre coa porta do aparello
pechada.
64

Publicidad

loading