Descargar Imprimir esta página

IKEA BRANDBO Instrucciones página 92

Ocultar thumbs Ver también para BRANDBO:

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

GALICIAN
Número de cavidades
Fonte de enerxía
Volume
Tipo de forno
Masa
IEC/EN 60350-1 - aparellos electrodomésticos de cocción - Parte 1: gamas, fornos, fornos de
vapor e grills - Métodos de medida do rendemento.
Aforro enerxético
O aparello ten características
que te axudan a aforrar enerxía
durante a cociña de cada día.
Asegúrate de que a porta do aparello estea
pechada cando estea en funcionamento.
Non abras a porta do aparello moitas veces
durante a cocción. Mantén limpa a xunta da
porta e asegúrate de que estea ben fixada na
súa posición.
Utiliza utensilios de cociña de metal para
mellorar o aforro enerxético.
Non prequezas o aparello antes de cociñar
na medida do posible.
Reduce ao máximo o tempo entre coccións
cando prepares varios pratos dunha vez.
Cocción con ventilador
Na medida do posible, utiliza as funcións de
cocción con ventilador para aforrar enerxía.
Calor residual
A lámpada e o ventilador seguen a funcionar.
Ao apagar o aparello, a pantalla mostrará a
calor residual. A calor pode empregarse para
manter quentes os alimentos.
1
Electricidade
72 l
Forno encaixable
32,0 kg
Para unha duración da cocción superior
a 30 minutos, reduce a temperatura do
aparello un mínimo de 3 a 10 minutos antes
de chegar ao final da cocción. A calor residual
dentro do aparello fará que a comida se siga
cociñando.
Utiliza a calor residual para quentar outros
pratos.
Manter os alimentos quentes
Se desexas utilizar a calor residual para
manter quentes os alimentos, selecciona o
axuste de temperatura máis baixo posible. O
indicador de calor residual ou a temperatura
aparecen na pantalla.
Cocción coa lámpada apagada
Apaga a luz mentres cociñas. Acéndea
unicamente cando a necesites.
Enfornado húmido + ventilador
Función deseñada para aforrar enerxía
durante a cocción.
Cando utilices esta función, a lámpada
apagarase automaticamente despois de
30 segundos. Podes volver acender a luz,
pero deste xeito reducirás o aforro enerxético
esperado.
89

Publicidad

loading