• Para a conservación da madeira pode utilizar un bo produto para mobles que conteña cera. Para as ane-
las metálicas (excepto Seinox) utilice a baeta azul, ou ben algún produto para a limpeza da prata. A
baeta azul está impregnada dun po especial chamado "alunita" que seguirá sendo efectivo aínda cando
ennegreza polo que non debe ser lavada.
• Para a limpeza das partes internas da gaita, use o kit de limpeza interior, composto polas tres baquetas
e o bote de Seite. Teña precaución de usar só o Seite para a limpeza interna do punteiro, non usar nou-
tras partes da gaita, podería perxudicar as válvulas do Seipal e Seipón. Recoméndase botar unhas tres
gotas por un furado do punteiro e a continuación untar coa baqueta de limpeza. Frecuencia de uso, dúas
veces ó ano.
• O fol de Gore-Tex® non ten mantemento ningún. O seu tecido microporoso é transpirable, o que sig-
nifica que a humidade que se condensa no seu interior, tende a saír polos poros polo fenómeno de
osmose. En ambientes húmidos, é recomendable sacar o soprete para evitar a acumulación de humidade
cando deixe de usar a gaita. En ambientes secos ou moi secos, débese introducir, de cando en vez, unha
pequena cantidade de auga (medio vaso: de 5 a 6 cl) no interior do fol unha vez que se sacaran todos
os elementos sonoros e taponado a buxas. Isto contribúe a impregnar as paredes internas co fin de que
conserven certa humidade conveniente para a palleta.
Válvula do soprete
Seipón
Lubrificando cortizas con Seibo
11