Descrición Das Partes Do Instrumento - Seivane Manual De Instrucciones

Tabla de contenido

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Descrición das Partes do Instrumento
A gaita componse das seguintes partes (segundo configuración):
Fol
É o elemento constitutivo da gaita que máis a caracteriza e a dife-
renza. Fai a función de almacén de aire que entra polo soprete e
distribúeo aos distintos tubos sonoros –punteiro, ronco, ronqueta e
chión– cunha presión controlada polo brazo do gaiteiro. Desta pre-
sión dependerán en boa medida, a boa afinación e tempero do ins-
trumento.
Tradicionalmente facíase da pel da cabra pero, dende hai anos, uti-
Fol de Gore-Tex®
lízase tamén o de vaca ou, máis recentemente, o Gore-Tex®.
Buxas
Son as pezas que unen os tubos sonoros e o soprete co fol, ao que están firmemente atadas e polas que
entra ou sae o aire.
Punteiro
É a parte da gaita que produce a melodía. Ten un interior cónico –propio das gaitas atlánticas– con oito
buratos melódicos e tres máis chamados oídos sonoros. A súa fonte sonora é unha palleta de lámina
dobre, parecida ás do fagot, que produce un son forte e cargado de harmónicos.
Unha pequena rosca no aloxamento da palleta, permite que quede ben suxeita, evitando que se caia no
interior do fol. Para colocar a palleta, xirar á dereita e para extraela xirar á esquerda.
Se dispón do Seitor, punteiro que incorpora o novo sistema de ton regulable, poderá correxir as eventuais
variacións no ton sen necesidade de sacar o punteiro da gaita.
14

Publicidad

Tabla de contenido
loading

Tabla de contenido