Pallón
O pallón é o elemento que produce o son orixe do ronco, ronqueta e
chión segundo o caso. O pallón tradicional é un tubo de cana dunha
soa peza, á cal se lle levanta unha lámina vibrante por incisión sobre
o propio tubo.
Pallón Seipal sintético
O patentado pallón sintético Seipal, coas válvulas de corte incorpo-
radas, é o resultado de longos estudos do Obradoiro de Gaitas
Seivane. Permite unha estabilidade tonal en calquera circunstancia
de temperatura, minimiza as variacións dos efectos da humidade e
manténse fiel ao son do pallón tradicional de cana.
Tonalidade
No Obradoiro de Gaitas Seivane fanse gaitas en todas as tonalidades, dende Dó4 a Sol5. Ademais, cos
kits de tonalidade existe a posibilidade de mudar o ton da gaita intercambiando ou engadindo algunhas
pezas. Consúltenos, por favor.
Dixitación
Neste manual adxúntase a táboa de posicións da dixitación, referida á gaita en Dó. Para os demais tons, e
por motivos prácticos, usaranse os mesmos nomes de nota, aínda que o seu son sexa distinto.
Hai notas con varias posicións, ás veces con diferenzas microtonais entre elas, que poden dar xogo para
corrixir puntualmente a afinación, dependendo do estado e das circunstancias (palleta, punteiro, clima...).
Permiten, igualmente, conseguir a escala temperada se se ha de tocar con instrumentos clásicos que a uti-
licen, ou usalas por comodidade en determinadas pasaxes que se interpreten.
Coa dixitación ordenada de forma natural, sen "tranquillas", obtense a escala semitemperada que é a afi-
nación actual da gaita galega, e sitúase a medio camiño entre a escala natural conxénita da antiga gaita e a
escala temperada moderna.
17