Ideas Básicas sobre o Retoque da Palleta
Por diversos motivos e en determinadas ocasións, pode que o punteiro non afine correctamente por des-
compensación da súa escala, é dicir, pola aparición de desviacións tonais en máis ou en menos da parte
alta do punteiro con respecto á súa tónica. A causa máis corrente adoita ser o "estado anímico" da palleta,
pois as condicións ambientais aféctanlle moi directamente. Ás veces, poden corrixirse estas desviacións
tocando durante certo tempo para aclimatar a palleta e o punteiro, pero non sempre sucede así. A palleta
nova case sempre ha de ser readaptada mentres que a usada é normalmente máis estable. Non obstante,
chega un momento en que esta pode entrar nun estado de cansazo e é entón recomendable axustala de
novo para seguir usándoa.
Moxenas afirmaba que "o gaiteiro pasa media vida afinando e outra media tocando desafinado". Se ben,
no momento actual isto é, en xeral, menos certo, esta aseveración debe ser entendida como a preocupa-
ción e meticulosidade do gaiteiro por controlar a estabilidade da afinación do seu instrumento, pois desta
depende o éxito final e o grao de satisfacción.
Palleta
• Se toda a escala de punteiro está alta hase de suplementar a palleta con fío, teflón ou papel fino para
levantala un pouco no seu asento. A afinación tamén se fai máis grave raspándoa un pouco en xeral o
que, á vez, abranda a palleta e é necesaria unha presión menor para facela sonar.
18
Despuntando
Raspando