Seivane Manual De Instrucciones página 19

Tabla de contenido

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

• Se, estando a tónica centrada, se observa que, a partir da Sol (quinta), a escala resulta alta, hase de ras-
par un pouco a parte traseira da palleta e introducila un pouco máis no seu asento. Con este lixeiro puli-
do traseiro adoita baixar a tonalidade xeral pero en maior medida na parte alta do punteiro. Teña coi-
dado de non se pasar no raspado.
Esta descompensación na parte alta tamén pode darse se as láminas están moi pechadas e moi secas. A
solución: abrilas e humedecelas lixeiramente.
• Se unicamente o Si e o Dó agudos saen altos raspar soamente dende a zona media cara á punta da palle-
ta ou abrila lixeiramente.
• Se se dá o caso contrario, é dicir, a parte alta grave con respecto á tónica, pode ser debido a:
· Unha palleta demasiado usada ou demasiado pulida na zona traseira: debe ser despuntada.
· Excesivamente sacada do punteiro: introducila máis.
· Demasiado abertas as pas: axustar convenientemente.
· Demasiado ancha: limar ou lixar as pas para reducir a súa anchura.
• Se toda a escala se presenta grave: palleta inadecuada, demasiado ancha, longa ou vella. Se é demasiado
longa cabe o despunte, se é demasiado ancha pode intentarse estreitala un pouco pero, nos outros dous
casos, haberá que utilizar unha nova. Outra razón pola que a afinación xeral sae grave pode ser a tempe-
ratura excesivamente baixa do punteiro. A solución é evidente: deixar que se tempere de modo gradual.
Deben dominarse todas estas ideas básicas para logo poder combinalas, experimentando, ata chegar a
conseguir o que mellor convén en cada caso.
Un truco moi bo e inédito consiste en atar con fío, a partir do freo,
sobre as pas de forma similar ao atado principal. Isto permítenos,
atando máis ou menos, subir o ton. É un recurso moi eficaz, sobre
todo en tempo frío ou con palletas que soan moi graves e que para
facelas subir, habería que cortalas moito co que tamén se produci-
ría descompensación.
19

Publicidad

Tabla de contenido
loading

Tabla de contenido