Contido da Embalaxe
Cando abra a embalaxe do seu instrumento (caixa de cartón ríxido),
atopará os seguintes elementos:
Estoxo ríxido para gaita
Novo estoxo de alta calidade, deseñado para ofrecer un cómodo transporte e unha excelente protección física e tér-
mica. Dispón de higrómetro, varios petos externos, un departamento para os efectos persoais e ocos internos para
os accesorios da gaita. Grazas á versatilidade das súas asas, pode levarse de bandoleira ou mesmo de mochila.
A gaita
Construída e revisada no Obradoiro de Gaitas Seivane co máis alto nivel de calidade. Para montala soa-
mente será necesario unir as partes do ronco que están separadas para o seu transporte.
Xogo de repostos
Inclúe unha palleta, unha válvula (Seipón) para o soprete, dúas válvulas (Seipal) e un botón.
Baquetas de limpeza
Conxunto de tres baquetas deseñadas especialmente para a limpeza das partes internas da gaita. Consta
dunha baqueta para eliminar a condensación que puidera formarse nos espigos do ronco en tempo húmi-
do, outra para o soprete, e unha terceira para o punteiro.
Un bote de Seite
Aceite de améndoa de alta calidade, só para a limpeza interna do
punteiro. Non usar noutras partes da gaita, podería perxudicar as
válvulas do Seipal e Seipón. Recoméndase botar como na foto,
unhas tres gotas por un furado e a continuación untar coa baqueta
de limpeza. Frecuencia de uso, dúas veces ó ano. A pesar de estar
nun bote hermético, o Seite é vulnerable á calor, polo que o reco-
mendamos ter na casa.
7