Precaucións de Uso e Mantemento Xeral
• Poña atención ao desembalar o paquete para comprobar que non sufriu danos no seu transporte.
Comprobe o contido e que todo se atope en perfecto estado.
• Protexa a súa gaita da chuvia, da exposición prolongada aos raios do sol e dos cambios bruscos de tem-
peratura e humidade.
• Nunca deixe a gaita no maleteiro dun coche ao sol nin tampouco en noites frías. Isto podería provocar
serios danos no instrumento, ademais do risco evidente de roubo.
• Nunca debe somerxer o instrumento en ningún tipo de líquido.
• Sexa coidadoso co estado no que deixa en repouso a súa gaita. As súas partes cilíndricas e o fol non
ofrecen unha estabilidade fiable para o seu soporte e podería rodar ou esvarar.
• Á hora de manipular a palleta, teña sumo coidado ao extraer o punteiro da buxa, pois calquera roza-
mento da palleta pode deixala inservible. Sempre debe suxeitar o punteiro preto da buxa (pola mesa);
se o fai por outro lado podería romper. A palleta extráese e insírese no seu asento mediante un sistema
de rosca.
Extraendo o punteiro da buxa
9