Seivane Manual De Instrucciones página 16

Tabla de contenido

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Existe outro chión tamén de pallón, pero pouco utilizado no Obradoiro de Gaitas Seivane. Emite a tóni-
ca do punteiro a unísono. O seu principal problema radica na súa disonancia coa sensible, ademais de non
achegar demasiado harmonicamente, ao repetir a tónica do mesmo modo que o ronco e a ronqueta.
O chión pode levar unha chave para abrir ou pechar o paso do aire (cortar o son).
Soprete
Serve para insuflar o aire no fol, evitando que este retroceda
mediante unha válvula de retención. Recentemente desenvolveuse
un novo sistema de válvula denominado Seipón, que ademais dou-
tras vantaxes, aumenta a fiabilidade e permite unha substitución
moito máis simple e rápida.
Os novos modelos contan coa boquilla desmontable e intercambia-
ble que favorece a súa limpeza e que pode ser substituída por
outras de igual ou distinta lonxitude. Inseríndoa no capuchón de
Boquilla desmontable
buxo protector da palleta, permite tocar directamente co punteiro.
Para extraer a boquilla do soprete, unha boa práctica que evita roturas é sacar a boquilla de forma aline-
ada con respecto ó corpo do soprete, evitando unha presión excesiva ou un esforzo incontrolado lateral.
Funda o xustillo
Funda de material téxtil que recobre e protexe o fol á vez que lle dá forma, consistencia e mellora a súa
presentación. A elección do tecido e cores adoita definir a personalidade do gaiteiro.
Fleques
Borlas e fleques de adorno a xogo coa funda.
Palleta
É a parte máis delicada e caprichosa da gaita e está formada por dúas láminas de cana, atadas sobre un
tubo metálico chamado tudel. Produce o son orixe do punteiro.
16

Publicidad

Tabla de contenido
loading

Tabla de contenido