Garantía Seivane
Unha coidada selección de madeiras e outros materiais que os compoñen, así como a pericia e experien-
cia dos artesáns que os elaboran, permiten que os instrumentos do Obradoiro de Gaitas Seivane lle poi-
dan ofrecer ao usuario a seguridade de que ten nas súas mans un produto da máis alta calidade.
• O Obradoiro de Gaitas Seivane garante, por un período de dous anos, todos os seus instrumentos con-
tra calquera defecto de elaboración ou vicio oculto nos seus compoñentes.
• Esta garantía enténdese a partir da data de compra, nun uso normal do instrumento e non cobre roturas
ou danos causados por maltrato, descoido ou falta de mantemento deste.
• Queda expresamente excluído desta garantía calquera instrumento que fose retocado, manipulado ou
mecanizado, interior ou exteriormente, por persoal non autorizado ou fóra das instalacións do
Obradoiro de Gaitas Seivane.
• A garantía non contempla os compoñentes considerados consumibles como palletas, lubrificantes ou
produtos de limpeza subministrados, agás os pallóns Seipal, que gozan de todos os seus beneficios.
• O Obradoiro de Gaitas Seivane responderá, no seu caso, desta garantía nas súas propias instalacións,
reparando gratuitamente o instrumento afectado ou substituíndoo por outro equivalente se fose necesario.
• O Obradoiro de Gaitas Seivane resérvase o dereito a prestar ou non servizo técnico ou de mantemento,
mesmo fóra de garantía, a aqueles instrumentos que fosen manipulados con malicia ou mala intención.
20