GALICIAN
Mantemento e reparacións
• Asegúrese de que o mantemento dos
compoñentes eléctricos está
encomendado exclusivamente ao
fabricante ou aos técnicos do Servizo de
Asistencia.
• Asegúrese de que os cables danados sexan
substituídos exclusivamente polo
fabricante ou os técnicos do Servizo de
Asistencia.
Se se produce un fallo, intente buscar unha
solución seguindo as instrucións da guía de
solución de problemas. Se o problema non se
pode resolver, ponte en contacto coa túa
tenda IKEA ou co Servizo de Asistencia.
Na última páxina deste manual ofrécese unha
lista completa dos centros de servizo
designados por IKEA e a súa información de
contacto.
Cando se poña en contacto co Servizo de
Asistencia, proporcione a seguinte
información:
• tipo de avaría
• modelo do aparello (Art./Cód.)
• número de serie (S.N.)
Esta información atópase na placa de datos.
A placa de datos atópase no fondo do
aparello.
En caso de uso inadecuado do aparello ou
instalación non realizada por un instalador
autorizado, pode ser necesario pagar a visita
do técnico do Servizo de Asistencia ou do
comerciante incluso durante o período de
garantía.
99