Descargar Imprimir esta página

Baby auto CARIO iFIX Instrucciones página 24

Publicidad

13. As partes da cadeira ou os accesorios do arnés que estean danados ou se utilizasen de forma
incorrecta deberán substituírse.
14. Asegúrese de que calquera equipaxe ou obxecto que poida causar lesións no caso de accidente
está debidamente suxeito.
15. Comprobe que a fibela está pechada correctamente antes de iniciar a marcha. Se a fibela non
está correctamente pechada, o paseo non se pode iniciar baixo ningún concepto.
16. Os obxectos ríxidos e as pezas de plástico da cadeira de seguridade deben colocarse e
instalarse de forma que non poidan quedar atrapados nun asento móbil ou nunha porta do
coche durante o uso diario do vehículo.
17. É perigoso facer calquera tipo de alteración ou incorporación á cadeira de seguridade sen a
aprobación da autoridade competente. É perigoso non seguir estritamente as instrucións de
instalación proporcionadas polo fabricante da cadeira de seguridade infantil.
18. A cadeira de seguridade debe permanecer instalada no vehículo aínda que o neno non
estea sentado nela. Nunca debe desatenderse o neno mentres está sentado na cadeira de
seguridade; tampouco cando está fóra do vehículo.
19. Manteña a cadeira de seguridade afastada dos produtos corrosivos.
20. Non utilice ningún punto de fixación distinto dos descritos nas instrucións e indicados na
cadeira de seguridade.
21. No caso de accidente, a cadeira pode resultar insegura aínda que non presente danos visibles.
Recoméndase substituír a cadeira cando se vise sometida a tensións violentas.
22. O fabricante garante a calidade dos seus produtos, pero non a calidade dos produtos de
segunda man ou doutras marcas.
23. As ilustracións das instrucións son puramente informativas. O sistema de retención infantil
pode presentar pequenas diferenzas respecto das fotografías ou imaxes do manual de
instrucións. Estas variacións non afectan a súa homologación segundo a normativa ECE R129.
24. Debe asegurarse de que todas as fitas ou cintos que suxeitan o neno non quedan dobrados nin
retortos, e de que quedan tensos.
25. Consulte o manual do seu vehículo para comprobar a compatibilidade deste cos sistemas de
retención infantil i-Size.
26. Garde coidadosamente as instrucións durante toda a vida útil do produto, de xeito que poida
consultalas se o precisa.
27. É posible que o sistema de retención infantil non caiba en todos os vehículos aprobados cando
se utiliza nunha faixa de estatura superior a 135 cm.
28. É posible que algúns destes puntos non se apliquen ao seu modelo específico de cadeira.
24

Publicidad

loading

Este manual también es adecuado para:

Yc20