Galego
•
Se o lavalouza vai conectarse a unha nova instalación ou a
unha instalación que non se utiliza desde hai moito
tempo, é aconsellable deixar correr a auga algúns
minutos antes de colocar o tubo de entrada de auga.
Deste xeito, evitarase que os residuos de area ou ferruxe
obstrúan o filtro de entrada de auga.
Nota:
Ao facer a conexión da auga potable, asegúrese de conectar o
electrodoméstico utilizando un dispositivo de seguridade para
evitar a contaminación da auga potable por refluxo (de
conformidade coa norma DIN EN 1717) e de cumprir os
requisitos fronte á contaminación (conforme ao certificado
KTW-BWGL). O lavalouza debe conectarse para previr o
refluxo da auga non potable cara a rede de abastecemento de
acordo coa norma IEC/EN 61770. Recomendámoslle que a
instalación, incluídas a toma de auga e a conexión eléctrica,
así como as reparacións, as leve a cabo un técnico cualificado.
Dispositivos de seguridade hidráulicos
Todos os lavalouza están equipados cun dispositivo de
seguridade contra desbordamentos que, se a auga supera os
niveis normais debido a unha avaría, bloquea automaticamente
o caudal de auga ou desauga o exceso de auga.
AQUASTOP (fig.3):
Un dispositivo situado no tubo de subministro que detén o caudal
de auga se o tubo se deteriora; nese caso, aparecerá unha marca
de cor vermella na ventá «C» e deberá substituírse o tubo.
43
(fig.1)
(fig.2)
(fig.3)