Descargar Imprimir esta página

IKEA OSTVEDA 005.681.44 Manual De Instrucciones página 71

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Galego
Ámbito de validez
Para os equipos comprados nun Estado membro da UE
e levados a outro Estado membro da UE, ofrécese o
servizo de mantemento proporcionado baixo os termos
de garantía do novo país. Existe a obriga de realizar o
servizo de mantemento no marco da garantía só se o
equipo é conforme e se instalou de acordo coas
seguintes condicións:
as especificacións técnicas do país no que se fixo
válido o dereito de garantía,
as instrucións de montaxe e as indicacións de
seguridade que contén o manual de instrucións
Servizo de Asistencia Posvenda dedicado aos
electrodomésticos de IKEA:
Non dubide en pórse en contacto co Servizo de
Asistencia Posvenda de IKEA para:
1.
solicitar asistencia en garantía;
2.
solicitar información sobre a instalación dos
electrodomésticos IKEA nos mobles de cociña
específicos IKEA.
O servizo non proporcionará asistencia ou
aclaracións sobre:
a instalación de cociñas completas IKEA;
as conexións eléctricas (se o equipo se subministra
sen cables e conectores), conexións hidráulicas e
conexións á instalación de gas, as cales deben ser
realizadas por un técnico de asistencia autorizado.
3.
pedir información sobre o contido do manual de
usuario e as especificacións do electrodoméstico IKEA.
Para garantirlle a mellor asistencia, lea as instrucións de
montaxe ou o manual de usuario antes de pórse en
contacto con nós.
71
Como pode localizarnos cando necesite o noso servizo?
Consulte a última páxina deste manual, onde
atopará unha lista completa dos contactos
designados por IKEA e os números de teléfono
correspondentes.
Para poder ofrecerlle o servizo máis rápido,
recomendamos utilizar os números de
teléfono específicos que atopará nunha lista
ao final deste manual. Consulte sempre os
números do folleto do electrodoméstico
específico para o que solicita asistencia.
Antes de chamar, teña a man o número de
artigo IKEA (código de 8 díxitos) e o Número de
Serie (Código de 8 díxitos que pode atoparse
na placa de características técnicas) do
electrodoméstico para o que solicita asistencia.
GARDE O RECIBO DE COMPRA!
É a súa proba de compra e o documento
imprescindible para que a garantía sexa válida.
Observe tamén que o recibo indica o nome e
número de artigo IKEA (código de 8 díxitos) de
cada electrodoméstico que compra.
Precisa máis axuda?
Se desexa realizar algunha consulta non relacionada co
Servizo posvenda dos seus electrodomésticos, póñase
en contacto co centro de chamadas da tenda IKEA máis
próxima. Recomendamos que lea atentamente a
documentación do electrodoméstico antes de pórse en
contacto con nós.

Publicidad

loading