Descargar Imprimir esta página

IKEA OSTVEDA 005.681.44 Manual De Instrucciones página 63

Publicidad

Idiomas disponibles

Idiomas disponibles

Galego
Consellos
Que facer para obter resultados óptimos de lavado
Antes de colocar a vaixela no lavalouza, elimine os re-
siduos de comida máis grandes (ósos, espiñas, resi-
duos de carne ou verdura, residuos de café, mondas
de froita, cinza de cigarros, palillos, etc. para evitar
que se atasquen os filtros, o desaugadoiro e os as-
persores dos brazos de lavado.
Non é preciso aclarar a vaixela antes de cargala no
lavalouza, xa que iso implica un maior consumo de
auga e electricidade, e non é recomendable.
En caso de residuos de comida queimados ou
asados moi incrustados en tarteiras e tixolas,
aconséllase poñelas a remollo antes do lavado.
Coloque os pratos mirando cara abaixo.
Procure colocar os pratos de xeito que non estean
en contacto uns contra os outros, unha correcta
colocación dará mellores resultados de lavado.
Despois de colocar a vaixela, comprobe que os
brazos de lavado poden xirar libremente.
As tixolas e demais vaixela que teñan residuos de
comida especialmente resistentes ou comida
requeimada, deben deixarse a remollo en auga e
deterxente para lavalouza.
Para o perfecto lavado da prata cómpre:
-
aclarar a prata con auga inmediatamente
despois de usala, especialmente se se utilizou
para maionesa, ovos, pescado, etc.
-
non pulverizar deterxente sobre ela.
-
non poñela en contacto con outros metais.
Suxestións para aforrar
Como usar o seu lavalouza de forma respectuosa co
ambiente e co máximo aforro.
Logre un uso óptimo de electricidade, auga,
deterxente e tempo lavando o tamaño de carga
máximo recomendado.
Aforre ata un 50% de electricidade lavando unha
carga completa en lugar de 2 medias cargas.
63
Se a vaixela non está moi sucia ou se os cestos non
están moi cheos, seleccione un programa ECO
seguindo as indicacións da lista de programas.
Normalmente, os programas máis eficientes en
termos de uso combinado de auga e electricidade
son os máis longos a temperaturas máis baixas.
Lavar nun lavalouza consume menos electricidade e
auga que o lavado a man se o lavalouza se utiliza se-
guindo as instrucións e recomendacións do fabricante.
Que non se debe lavar
É bo lembrar que non todo tipo de vaixela pode
lavarse nun lavalouza; desaconséllase lavar pezas
de material termoplástico, cubertos con mango de
madeira ou plástico, tarteiras con asas de madeira,
vaixela de aluminio, de cristal ou vidro achumbado
se non está expresamente indicado.
Certas decoracións poden perder cor, polo tanto,
aconséllase lavar primeiro unha soa peza e só despois
de comprobar que non perde cor, lavar a totalidade.
É aconsellable non lavar cubertos de prata con
cubertos de aceiro para evitar que se produza unha
reacción química entre ambas as dúas.
Cando compre unha nova vaixela, comprobe
sempre que sexa apta para lavar en lavalouza.
Consellos útiles
Para evitar posibles derrames da grella superior,
saque primeiro a vaixela da grella inferior.
Se vai deixar os pratos na máquina durante un
tempo, deixe a porta entreaberta para favorecer a
circulación do aire e mellorar o secado.

Publicidad

loading